BOLSAS DE INTERINOS DE GALICIA: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES RESULTANTES A ÚLTIMA SEMANA DO MES DE XULLO

A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos que está prevista a publicación na última semana dO MES DE xullo, se non existen problemas técnicos de última hora, da Resolución pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de Xestión procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio xudicial.

Aqueles aspirantes que estean incluídos en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. En caso contrario, entenderase que desisten da súa solicitud.

Ao obxecto de favorecer o proceso para elección das bolsas, o prazo para elixir bolsa (10 días hábiles), habilitarase entre o 29 de agosto e o 9 de setembro.

Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, polo que no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única na cal desexe quedar. Se non o fai, entederase que desiste de todas as súas solicitudes.

É importante recordar que ao elixir a bolsa correspondente xérase un borrador que é necesario presentar con DNI electrónico ou certificado dixital. A elección deberá facerse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Todos os solicitantes de bolsa dispoñen dun manual na pantalla de «solicitude de bolsa», no apartado «Instrucións».

As listas poderán consultarse a través da OPAX (https://www.xunta.es/sxpa/AIX/)

Lembrade que: 

🔴 Unha vez finalizado o prazo de presentación de alegacións, publicarase na forma e nos lugares  establecidos a resolución coas *listas resultantes por cada corpo e provincia ordenadas por puntuación, que aparecerá detallada por cada unha das epígrafes dos méritos.

🔴 Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia,* de acordo co previsto no artigo 12 da Orde do 4 de outubro de 2018, polo que, no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos ou en varias provincias da mesma bolsa, *deberá seleccionar aquela única en que desexe quedar. Se non o fai, entenderase que desiste de todas as súas solicitudes.* A elección deberase realizar *telematicamente no prazo de dez días hábiles a partir da publicación das listas resultantes, a través do formulario dispoñible na aplicación informática.* Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico *a través da OPAX.* As persoas que unicamente solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.

🔴 Unha vez rematado o prazo para formular a elección, a Dirección Xeral de Xustiza aprobará as bolsas definitivas de persoas seleccionadas para cada corpo e provincia, ordenadas por puntuación, que se publicarán no sitio web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e na intranet de Xustiza.

Los comentarios están cerrados.