AS OFERTAS DE CURSOS DE GALEGO SON INSUFICIENTES: SPJ-USO REITERA A AMPLIACIÓN DAS EDICIÓNS E DAS PRAZAS A OFERTAR

Tal e como nos contestan de Política lingüística ao escrito presentado por este Sindicato, onde recoñecen que os cursos de lingua galega, tanto os preparatorios das probas para la obtención dos certificados de Lingua galega (Celga), que se dirixen a cidadanía en xeral , como os de linguaxes específicas -linguaxe administrativa e xurídica galegas-, que se dirixen especialmente ao persoal empregado público, espertan grande interese e demanda.

Tamén se recoñece desde Política Lingüística que o ano pasado incrementou o total de dous cursos con respecto a convocatoria do ano anterior en cuanto aos Celgas, dato que consideramos totalmente insuficiente dada a importancia destes cursos para o desenrolo na lingua Galega na administración e en calquera posto de traballo (tendo en conta que os Cursos Celga que se imparten son para toda a cidadanía)

En canto aos cursos de linguaxe administrativa e xurídica, recoñece a oferta de 32 cursos, un máis que o ano anterior, que se reparten entre o persoal da Administración autonómica, local, de xustiza e de universidades, dato igualmente considerado insuficientes dada a cantidade de xente destinada nestas administracións que non conseguen praza nos cursos ano tras ano.

Desde SPJ-USO REITERAMOS á OFICINA DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, así como á EGAP:

1.- A convocatoria de máis edicións, así como máis prazas para os Cursos de Lingua Galega (Celga), e de Linguaxe Galega Administrativa, así como Os xurídicos Galegos Medio e Superior, para solucionar a problemática actual, na que unha porcentaxe moi alta de solicitudes son rexeitadas.

2.-En canto aos cursos de Linguaxe administrativa galega nivel medio e superior en liña, pedimos que se aumente a admisión ata 25 prazas por curso (na actualidade solo se admiten 15) dado que os cursos son telemáticos e polo tanto poderían acceder máis funcionarios ao mesmo.

ESCRITO GALLEGO (1)

Xustificante PRESENTACION EGAP-PR004A-20220613

Xustificante PRSENTACION POLITICA LINGUISTICA-PR004A-20220613 (1)

Los comentarios están cerrados.