O 17 de maio, Día das Letras Galegas, e o 25 de xullo, Día de Galicia, serán os festivos autonómicos en 2023.
O calendario laboral debe incluír cada ano 14 festivos remunerados e non recuperables. Destes, dous son elixidos por cada concello. Dos doce restantes, nove son fixados a nivel nacional e non se poden modificar salvo que caian en domingo, como pasa en 2023 co 1 de xaneiro.
🔴 1 de xaneiro (Aninovo) – domingo(polo que pasa ó 17 de maio), Día das Letras Galegas.
🔴 Venres Santo (que no 2023 será o 7 de abril)
🔴 1 de maio (Día do Traballo)
🔴 15 de agosto (Asunción)
🔴 12 de outubro (Festa Nacional)
🔴 1 de novembro (Todos os Santos)
🔴 6 de decembro (Constitución)
🔴 8 de decembro (Inmaculada Concepción)
🔴 25 de decembro (Nadal)
Destes, o ano que vén só o día de Aninovo coincide en domingo, polo que a Xunta decidiu pasar ese festivo ao 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Logo hai outro grupo de tres festivos nacionais pero que son opcionais, de forma que as comunidades poden substituílos se o desexan:
🔴 6 de xaneiro – Reis, e o 🔴 Xoves Santo, que o ano que vén cae o 6 de abril, dúas datas que en Galicia sempre aparecen marcadas en vermello no calendario.
O terceiro pódese escoller entre o 19 de marzo, San José, e o 25 de xullo, dos cales a Xunta sempre prioriza o 🔴 25 de xullo por ser o Día de Galicia, o que se volverá a repetir no 2023.
O 24 de xuño, San Xoan, non será festivo en toda Galicia, como si o foi este ano; eso si, en 2023 é sábado.
Tras fixar a Xunta o marco xeral para toda Galicia, agora é a quenda dos concellos, que deberán elixir dous festivos locais.