APERTURA PRAZOS DOS CURSOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA

IMPORTANTE.- Apertura do prazo de inscripción nos cursos de linguaxe administrativa galega (equivalentes ós cursos de linguaxe xurídica galega) medio e superior e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga.

 

➡️ Publicado no DOG de 13 de agosto a Resolución do 2 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

 1.- As datas na que se realizarán os cursos  será entre outubro de 2021 e maio de 2022, en horario de mañá ou de tarde.

 2.- As   solicitudes, as persoas que desexen participar  deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo http://www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

3.O prazo de inscrición, para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Para ampliar información consulta DOG 155 de data 13 de agosto de 2021.

Los comentarios están cerrados.