APARCAMENTO DE A PARDA – PONTEVEDRA: SPJ-USO SOLICITA REUNIÓN URXENTE SOBRE O REPARTO DEFINITIVO DE PRAZAS DE GARAXE, ASÍ COMO QUE SE REABRAN DE INMEDIATO AS PORTAS Á ENTRADA E SAÍDA PARA PODER APARCAR OS FUNCIONARI@S.

SPJ-USO SOLICITA REUNIÓN URXENTE SOBRE O REPARTO DEFINITIVO DE  PRAZAS DE GARAXE, ASÍ COMO QUE SE REABRAN DE INMEDIATO AS PORTAS Á ENTRADA E SAÍDA PARA PODER APARCAR OS FUNCIONARI@S.

Trala decisión de peche das portas do aparcamento do novo edificio de A Parda, na que se permitía o aparcamento a tódolos traballadores da Xustiza Pontevedresa que así o desexaban, e as múltiples xestións infructuosas para retomar a “normalidade”, dende SPJ-USO, con carácter previo á toma de outro tipo de medidas de presión, vimos de presentar escritos ante a DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, A XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA e a DELEGACIÓN PROVINCIAL DE XUSTIZA.

ESCRITO APARCAMENTO A PARDA

Lamentamos que transcurrido mais de un ano dende a inauguración do novo Edificio Xudicial de A Parda, as preto de 300 prazas de garaxe disponibles no Edificio xudicial de A Parda sigan sen poder usarse, e os traballadores da Xustiza mentras tanto deban perder o tempo en buscar un lugar de aparcamento cos trastornos que eso ocasiona, incluídas a suspensión de xuizos por non dar aparcado tanto dos funcionarios coma do xusticiable, que no caso de aparcar os traballadores no aparcamento terían sitio suficiente para aparcar nas inmediacións do Edificio.

Este sindicato SPJ-USO loitou dende o minuto un polo reparto provisional de prazas, acordándose nos últimos tempos que, para paliar a tardanza no reparto definitivo, as portas do aparcamento estarían abertas no horario de entrada así coma no de saída para que puideran aparcar os traballadores de A Parda.

Pois ben, todo funcionaba ben, ata que ese compromiso saltou polos aires debido a “novas ordes da Xuiz Decana” que sin consultar con ningún outro estamento acordou unilateralmente pechar o parking por “motivos de seguridade” un ano mais tarde….. en  fin….

Posteriormente á dita “orde” e tralas xestións oportunas coas autoridades competentes da Xunta de Galicia, non foi posible que ningún estamento asumise as súas competencias e “restaurase a normalidade” deixando sen efecto a orde da Xuiz Decana por diferentes motivos…, e por suposto que a propia Decana tampouco rectificou a súa decisión nin o fará.

Polo que solicitamos URXENTE REUNIÓN, con carácter previo á toma de medidas de presión correspondentes, reunión na que deben estar presentes representantes da Xunta de Galicia, ben sexan da Delegación Provincial, Xefatura Territorial ou Dirección Xeral de Xustiza con capacidade de toma de decisións e negociación, tanto para acordar definitivamente o reparto definitivo de prazas, como para acordar de novo o “reparto provisional” ou apertura de portas coa vixiancia procedente de considerarse necesario, en horarios de entrada e saída para non causar mais perxuizos os traballadores de A Parda así coma ós xusticiables. Reiteramos que na dita xuntanza deben asistir cargos competentes para tomar decisións.

Igualmente solicitamos expresamente que na dita reunión se nos aclare a intención da Administración respecto da forma de reparto das prazas de garaxe do vello edificio de A Parda.

Accede ós escritos presentados e xustificantes de presentación:

ESCRITO APARCAMENTO A PARDA

Xustificante-PR004A-20200925 (1)

Xustificante-PR004A-20200925

Los comentarios están cerrados.