Ampliación da dotación do servizo de garda de Vigo

Pola Subdirección Xeral de Relacións e Recursos Humanos da Dirección Xeral de Xustiza, comunicasenos que nos próximos días publicarase no DOG a ampliación da dotación do servizo de garda do partido xudicial de Vigo en dous funcionarios ( igual que en A Coruña), atendendo ás reivindicacións sindicais efectuadas reiteradamente nas distintas mesas sectoriais.

Entendemos dende SPJ-USO que é unha decisión tan acertada como necesaria da Dirección Xeral e que palía en certa medida a sobrecarga de traballo dos xulgados de garda desta localidade.

Los comentarios están cerrados.