ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS. 30.06.2022

No día de hoxe saiu publicada a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de
provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas en data 21/06/2022

 A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.

Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

O posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo, salvo causa xustificada, pola persoa adxudicataria da substitución, mesmo con interrupción, de ser o caso, do desfrute de vacacións, lidenzas ou permisos, que en todo caso terán que ser informados polo órgano de destino e autorizados pola correspondente  xefatura territorial de acordo coas necesidades do servizo.

Os correspondentes  acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

Accede á resolución⤵️⤵️

220630-resolucion-adx-substitucion

Los comentarios están cerrados.