ACTUALIZAR CORREO ELECTRÓNICO COORPORATIVO DE CARA O VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

46c67-concursoCONCURSO 2019 TEXTO ANUNCIOIMPORTANTE: SPJ-USO RECOMÉNDACHE ACTUALIZAR O TEU CORREO CORPORATIVO ANTE A PRÓXIMA PUBLICACIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS O 18 DE XULLO, E O ESCASO PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (9 DIAS HÁBILES), TENDO EN CONTA QUE AS SOLICITUDES DO CONCURSO DEBEN PRESENTARSE “ÚNICAMENTE DENDE O CORREO ELECTRÓNICO CORPORATIVO PERSOAL (NON A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO PRIVADO”.

Tódalas solicitudes se confeccionarán de forma telemática dende a páxina do Ministerio.

Tódolos solicitantes (excepto os que presenten o modelo V1 en situación de excedencia ou servizos especiales e V3 en situación de excedencia; ou funcionarios que xustifiquen non poder usar o seu correo corporativo), deberán xerar o impreso definitivo, imprimilo, firmalo manualmente, adxuntar a documentación que corresponda, e escanear nun único ficheiro tódalas páxinas.

O dito ficheiro titularase co nome seguinte: apelidos, nome, nif e modelo de instancia (V1,V2 ou V3), todo elo en maiúsculas (EXEMPLO:  AP1_AP2_NOMBRE_NIF_MODELO DE INSTANCIA).

O anterior enviarase por mail, a través do correo corporativo (ollo: non o correo persoal) á dirección seguinte: concursos.admonjusticia@mjusticia.es

No apartado “asunto” do mail a enviar débemos poñer: “SOLICITUD CONCURSO 2019”

No texto da mensaxe débese indicar o seguinte:

APELLIDOS:

NOMBRE:

NIF:

MODELO DE INSTANCIA:                               (V1,V2 o V3)

CUERPO PARA EL QUE PARTICIPA:                        (GESTIÓN, TRAMITACIÓN O AUXILIO)

CONCURSO:  ORDINARIO GESTION, TRAMITACION Y AUXILIO 2019.

As renuncias faranse do mesmo modo, poñendo no apartado “ASUNTO”: RENUNCIA, e no texto o anterior.

Nos casos excepcionados de envío por mail antes expostos, deberáse remitir a instancia conforme ó disposto no punto 7B2 da orde publicada, ou sexa, unha vez firmada, deberáse remitir polo sistema ordinario (oficinas de rexistro, correo ordinario ou certificado).

Polo anterior, tendo coñecemento de que moitos de vós tedes o correo corporativo xustiza.gal bloqueado por non usalo, ou a contrasina caducada, debedes solucionalo para poder presentar a instancia no concurso de traslados, e para elo deberedes realizar a correspondente incidencia ante o CAU ou actualizar a contrasina co certificado dixital a través da aplicación “HADES”: (Intranet – espazo TIC – o meu posto dixital – outros – Hades – acceso).

Los comentarios están cerrados.