ACTUALIDADE DA ADMON. DE XUSTIZA EN GALICIA

spjusoinforma3NOVA OFICINA XUDICIAL

A pretensión da Admón. Galega é a de iniciar experiencias piloto para a implantación da NOJ para finais deste ano e durante o ano 2010, en paralelo coa implantación da nova oficina xudicial do Ministerio de Xustiza.

Para o cal se crearían, nunha primeira fase, os chamados “Servizos Comúns Xenerais” nos que se incluirían os actuais Servizos Comúns (SCNE, Servizo de Presentación de escritos, Servizo de Apoio e Servizo de Atención ao Cidadán e á Vítima), así como aqueles novos servizos que se poidan crear, como poderían ser o de Servizos Postais e Arquivos, etc.

ARQUIVOS TERRITORIAIS E XUNTAS DE EXPURGO

En relación coas Xuntas de Expurgo, cuxo decreto de constitución foi publicado no DOG do pasado 11 de marzo, a adm.ón mostra a súa disposición á súa implantación a curto prazo.

Nun a primeira fase constituiríase unha “comisión de expurgo” e nunha segunda fase procederíase a unha negociación efectiva dos seus equipos.

Dende SPJ-USO solicitamos en escrito presentado ante a DXX que tanto para os arquivos territoriais coma para as Xuntas de Expurgo, os seus equipos estean formados por funcionarios da Admón. de Xustiza.

NOVAS BOLSAS INTERINOS E TRIENIOS INTERINOS

A DXX maniféstanos que quere ter publicados os listados provisionais durante o mes de xullo para que entren en vigor os chamamentos da nova bolsa antes de que finalice este ano.

En relación co aboamento dos trienios ao persoal interino, SPJ-USO presentou no mes de maio ante a DXX escrito denunciando as condicións e deficiencias detectadas no aboamento dos trienios ao persoal interino e solicitando que se lle emitise a cada interesado un certificado que expresase con claridade o tempo de servizos efectivos cos trienios correspondentes.

Ante esta solicitude, a DXX contéstanos que para o mes de setembro ou outubro esperan remitir unha certificación individual de servizos prestados (modelo F-9), similar aos que se remiten aos funcionarios titulares, no que se expresará, ao pé da certificación, os recursos aos que se poderán acoller aqueles que mostren desconformidade coa certificación recibida.

Los comentarios están cerrados.