Ante as múltiples consultas efectuadas, e dada a “malinformación” unha vez mais de algúnha organización, aclaramos:
Conforme ó disposto na Resolución de convocatoria das bolsas, “Artigo 7. Valoración de méritos A valoración dos méritos alegados rexerase polo establecido no artigo 10 da Orde do 4 de outubro de 2018. Só se valorarán aqueles méritos que se posúan na data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.”
Pois ben, debemos precisar que o artigo 10 da orde de 2018 ten unha nova redacción conforme ó disposto na Orde de 2021, de ahí o texto refundido de ambas ordes elaborado por SPJ-USO que foi posto á vosa disposición (https://spjusogalicia.com/orde-de-interinos-en-vigor-orde-20182021-texto-refundido/).
Ademais do anterior artigo 7 da Resolución de convocatoria das bolsas, dito artigo debe entenderse en relación co artigo 10 da 0rde 2018, na redacción dada pola orde 2021, onde se indica textualmente, no seu punto 2 apartado d: “d) Só se computarán os cursos recibidos e acreditados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da correspondente convocatoria…”
En consecuencia, é como conclusión: Os méritos en xeral (probas de acceso, tempo de servizos prestados e coñecemento da lingua galega) son os que se posúan na data de publicación da convocatoria das bolsas no Doga (8 de febreiro de 2022); Os méritos da formación complementaria do artigo 10.4 da Orde (cursos de formación) son os que se posúan na data de finalización do prazo de presentación de instancias, sendo válidos e baremables os cursos de formación ata a data 1 de mazo de 2022 (data de finalización da presentación de solicitudes).
O anterior respecto dos méritos baremables; respecto dos requisitos para participar nas bolsas (requisitos xerais e requisitos específicos regulados no art. 3 da Resolución de convocatoria das bolsas), os mesmos débense cumplir na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
👉 Deixámosvos relación de méritos baremables conforme ó artigo 10 da orde de 2018, conforme á redacción dada pola Orde de 2021:
Artigo 10. Ordenación dos interesados nas bolsas
«1. Baremación.
O persoal aspirante que reúna as condicións establecidas nos artigos anteriores será seleccionado e ordenado na correspondente bolsa en función da baremación dos seus méritos.
Valoraranse e baremaranse os seguintes méritos:
1º. Probas de acceso:
- a) Superación de exercicios das últimas oposicións realizadas para o corpo a que se opta, concepto polo cal se poderá obter unha puntuación máxima de 24 puntos:
- Para o corpo de xestión: 5 puntos por cada exercicio superado da última oposición. Puntuación máxima: 15 puntos.
- Para o corpo de tramitación procesual e administrativa: 5 puntos por cada exercicio superado da última oposición. Puntuación máxima: 15
- Para o corpo de auxilio xudicial: 8 puntos por cada exercicio superado da última oposición. Puntuación máxima: 16
- Para todos os corpos: 3 puntos por cada exercicio superado na penúltima oposición. Puntuación máxima: 9 puntos.
- 1b) Superación de exercicios doutras oposicións de Xustiza, concepto polo cal se poderá obter unha puntuación máxima de 5 puntos:
Por calquera exercicio superado nas tres últimas oposicións dos distintos corpos da Administración de xustiza, excepto se xa se valorou conforme o disposto na anterior le tra a): 1 punto.
Puntuación máxima desta epígrafe 1ª: 29 puntos.
2º. Tempo de servizos prestados:
0,25 puntos por cada mes completo de servizo como funcionario interino da Administración de xustiza naquel corpo funcionarial onde solicite ser incluído.
0,15 puntos por cada mes completo de servizos como funcionario interino da Administración de xustiza nun corpo funcionarial superior a aquel onde solicite ser incluído.
0,10 puntos por cada mes completo de servizos como funcionario interino da Administración de xustiza nun corpo funcionarial inferior a aquel onde solicite ser incluído.
Puntuación máxima desta epígrafe 2ª: 40 puntos.
3º Coñecemento da lingua galega:
- Certificado Celga 4 ou equivalente: 6 puntos.
- Curso de linguaxe xurídica de nivel medio: 12
- Curso de linguaxe xurídica de nivel superior: 18 puntos.
Puntuación máxima desta epígrafe 3ª: 18 puntos.
Só se valorará o curso de maior nivel dos presentados. Tampouco se lles valorarán os cursos de iniciación e perfeccionamento aos solicitantes que acrediten o curso básico de linguaxe xurídica.
4º. Formación complementaria:
- Cursos de formación, con contido principal de carácter xurídico: 0,010 puntos por hora lectiva, ata un máximo de 2,5
- Cursos de formación en informática: 0,010 por hora lectiva, ata un máximo de 1,5
Puntuación máxima desta epígrafe 4ª: 4 puntos.
5º. Titulación académica:
- Pola licenciatura en Dereito ou polo grao en Dereito cun máster con contido de carác ter xurídico en Dereito: 6
- Polo grao en Dereito: 5
- Pola licenciatura en Ciencias do Traballo, Ciencias Políticas e da Administración, Cri minoloxía ou polo grao en Ciencias do Traballo, Ciencias Xurídicas e das Administracións Públicas, Ciencias Políticas e da Administración, Relacións Laborais e Recursos Humanos ou en Criminoloxía cun máster relacionado cos contidos do correspondente grao: 4
- Polo grao en Ciencias do Traballo, Ciencias Xurídicas e das Administracións Públicas, Ciencias Políticas e da Administración, Relacións Laborais e Recursos Humanos ou en Criminoloxía: 3
- Pola superación dos tres primeiros cursos da licenciatura en Dereito ou pola obtención de 180 créditos de grao en Dereito: 2
- Por outras licenciaturas ou graos cun máster relacionado cos contidos do correspon dente grao: 1
- Por outras diplomaturas, graos, título universitario oficial de Mestre, Arquitectura Técnica ou Enxeñaría Técnica: 0,5
Puntuación máxima desta epígrafe 5ª: 6 puntos.
- Criterios de valoración dos cursos:
a) Non se valorarán os cursos cunha antigüidade superior aos 5 anos.
b) Os cursos de igual ou similar contido só se computarán unha vez e non se valorarán outros cursos da mesma área de coñecemento coa mesma ou similar denominación ou o mesmo ou similar contido, aínda que se trate de convocatorias
c) Non se valorarán os cursos respecto dos cales non conste o número de horas, os de duración igual ou inferior a 10 horas lectivas, nin os derivados de procesos selectivos, diplomas de participación en xornadas, simposios, seminarios e
d) Só se computarán os cursos recibidos e acreditados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da correspondente convocatoria, homologados ou im partidos polo Ministerio de Xustiza ou consellerías competentes en materia de xustiza, polo Ministerio e consellerías competentes en materia de educación, polo Sistema universitario español, polo Instituto Nacional da Administración Pública ou polos órganos competentes en formación das comunidades autónomas, por outros axentes promotores dentro do mar co do Acordo de formación para o emprego ou polos servizos públicos de emprego.
3. No suposto de empate, desfarase pola maior puntuación obtida seguindo a orde establecida neste artigo. De continuar o empate, terase en conta a puntuación obtida no primeiro exercicio das últimas oposicións realizadas para o corpo a que se opta, e, na súa falta, ou de persistir o empate, observarase a prioridade alfabética comezando pola letra correspondente á última oferta de emprego para os corpos da Administración de xustiza».