ÁBRESE O PRAZO PARA A INSCRIPCIÓN NOS CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E CURSOS PREPARATARIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA

📢🔊 O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES ⤵️⤵️

Desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022

📢🔊 POR RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, convócanse, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa (EQUIVALENTE A LINGUAXE XURÍDICA) galega (MEDIO E SUPERIOR) e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

🔴 Os cursos impartiranse entre setembro de 2022 e maio de 2023, en horario de mañá ou de tarde.

🔴 Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

🔴 SOLICITUDES: As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo http://www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

AMPLIA INFORMACIÓN. ⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220819/AnuncioG0655-280722-0001_gl.html

Los comentarios están cerrados.