A Xunta dará en 2019 un novo impulso ao expurgo xudicial dos arquivos de cidades e vilas

Resultado de imagen de expurgo judicialDesde SPJ USO pensamos que as medallas non se colgan alegremente senón que se gañan co traballo diario….

Dende o 26 de febreiro de 2014 que se pediu a primeira mesa técnica( spj-uso único sindicato en pedila e esixila) para volorar e impulsar o expurgo nos arquivos xudiciais  vén denunciando a situación dos arquivos nos Comites de Seguridade e saúde solicitando solución inmediata ao problema dos arquivos en Galicia, reiterando á súa vez a urxente necesidade de contratar persoal externo para proceder ao expurgo dos Xulgados, xa que os arquivos están colapsados, algúns andeis  balanceanse  debido ao exceso de peso que teñen e que moitas carecen de puntos de ancoraxe, co consecuente risco de que calquera día poden caer sobre o compañeiro que se encarga de arquivar, provocando que a escaseza de espazo, atopémonos con que hai moitísimos expedientes que se apilan nos corredores dos Xulgados, atopándose ao alcance de calquera cidadán, supoñendo unha grave violación da Lei de Protección de Datos, ademais de que moitos arquivos están afectados na súa maioría de insalubridad, humidades e mesmo nalgúns casos roedores, etc.

SEGUIMOS TRABALLANDO POR TOD@S OS COMPAÑEIR@S DE TODA GALICIA ………

Actuarase naqueles arquivos que máis o precisen grazas a un investimento aproximado de 240.000 euros

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2019.- A Xunta ten previsto dar un novo impulso durante este 2019 ao expurgo xudicial nos arquivos de varias cidades e vilas, actuando naquelas instalacións onde máis se precisa grazas a un investimento aproximado de 240.000 euros.

Máis en concreto, a Xunta ten previsto acometer actuacións nos arquivos de A Coruña, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela, Corcubión, Mondoñedo, Viveiro, Ribadavia, Verín, Vilagarcía, Cambados e Ponteareas.

Dáse así continuidade a outras actuacións que se viñeron desenvolvendo estes anos para avanzar no expurgo xudicial, un procedemento regulado xuridicamente a través do cal se determina cando un documento perde toda a súa utilidade e pode ser destruído ou, pola contra, debe ser conservado.

O proceso lévase a cabo contando co persoal técnico de arquivos e a través da Xunta de Expurgo, que está composta por representantes do Poder Xudicial, Ministerio Fiscal e a Xunta de Galicia, que é o órgano que determina os criterios de cara á conservación dos documentos que puideran ter valor cultural, histórico, xurídico ou administrativo.

O obxectivo é desconxestionar as distintas instalacións xudiciais, organizar a documentación de forma que quede mellor clasificada e ordenada e, polo tanto, redundar tamén nunha mellora na xestión diaria.

https://spjusogalicia.com/2017/06/14/arquivos-xudiciais-galicia/

[Fonte: Xunta de Galicia]

https://spjusogalicia.com/2014/02/24/galicia-convoca-mesa-tecnica-sobre-archivos-judiciales/

https://wordpress.com/post/spjusogalicia.wordpress.com/12787

https://spjusogalicia.com/2017/05/06/spj-uso-reclama-mais-axilidade-no-proceso-de-expurgo-dos-arquivos-xudiciais/

 

Los comentarios están cerrados.