A EGAP CONVOCA XORNADAS SOBRE “A ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA COMO SERVIZO AO CIDADÁN”

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca unhas xornadas sobre A administración de xustiza como servizo ao cidadán destinadas a maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais e demais empregados públicos -especialmente os relacionados coa Administración de xustiza-, profesionais do dereito e interesados en xeral. Así aparece publicado no DOG de hoxe. As xornadas celebraranse os días 26 e 27 de xuño na sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña e o seu horario será de mañá e tarde, o primeiro día, e só de mañá na segunda xornada. O número de prazas é limitado polo aforo do local e o prazo para inscribirse rematará o día 24 de xuño.

Ver convocatoria. Modelo instancia.

Los comentarios están cerrados.