A DXX CONVOCA PARA O 21/04/22 O COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Por orde do director xeral de Xustiza, convocase para a celebración, a través do sistema de videoconferencia, do Comité de Seguridade e Saúde, na seguinte data e hora indicados:

21 de abril de 2022 ás 10.30 horas

ORDE O DÍA:

  1. Proposta de Protocolo de acoso laboral e outras condutas discriminatorias
  2. Información datos COVID 19
  3. Dotación de desfibriladores nas unidades xudiciais
  4. Información Cidade da Xustiza de Vigo

Xunto coa presente convocatoria, achégase información respecto de:

  • Acta da sesión do 16/07/2021.
  • Borrador de Protocolo de acoso e outras condutas discriminatorias
  • Programación de actividades de prevención de riscos laborais para o 2022
  • Avaliación de riscos, plans de acción e medidas emerxencia (dende agosto 2021)
  • Adaptacións de postos e adscricións por motivos de saúde (dende agosto 2021)
  • Accidentes de traballo e enfermidades profesionais (dende agosto 2021)

Los comentarios están cerrados.