ELECCIÓNS SINDICAIS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA 2023. VOTACIÓNS O 20 DE XUÑO.
XA SE PODE SOLICITAR O VOTO POR CORREO!!!
MODELO DE SOLICITUDE DE VOTO POR CORREO – solicitude 2023 – GALICIA
O vindeiro 20 de xuño de 2023 terán lugar as eleccións sindicais na Administración de Xustiza nas catro provincias da Comunidade Galega.
Do 18/5/23 ó 29/5/23 será a presentación de candidaturas.
Do 30 ó 31/5/23 procederase á proclamación pola Mesa Electoral das candidaturas presentadas.
O 1/6/23 será a data para a presentación das reclamacións sobre a presentación de candidaturas.
O 2/6/23 resolveranse as reclamacións pola mesa e publicaranse definitivamente as candidaturas proclamadas.
Do 5 ó 18 de xuño son as datas establecidas para a “propaganda electoral”, sendo o 19 de xuño a “xornada de reflexión”.
O martes 20 de xuño será a xornada de VOTACIÓN e ESCRUTINIO. A votación será de 9 a 14 horas o día 20 de xuño martes.
Se prevés non poder acudir físicamente o 20 de xuño a exercer o teu dereito ó voto, lembra pedir o voto por correo ante a mesa electoral coordinadora. Xa se pode solicitar o voto por correo, que che será remitido ó domicilio que designes na túa solicitude.
MODELO DE SOLICITUDE DE VOTO POR CORREO – solicitude 2023 – GALICIA
Posteriormente recibirás na dirección indicada toda a documentación precisa para votar por correo.
Debes introducir a papeleta no sobre de votación que che remiten, e unha vez cerrado o sobre, introducilo noutro sobre mais grande xunto coa copia do teu DNI, DNI que debe ir dentro do sobre grande e fóra do sobre pequeno de votación, remitindo o sobre grande por correo certificado á Mesa Electoral Coordinadora correspondente.
Para calquera dúbida contacta co teu delegado sindical de SPJ-USO.

Me gusta esto:
Me gusta Cargando...