Archivo diario: 05/05/2023

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 05/05/2023

SUBSTITUCIÓNSPublicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería.

Accede á resolución neste enlace:

Resolución novas substitucións de 05/05/2023:

20230505-resolucion-novas-substitucions

🔴PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

🔴 SOLICITUDES:  
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️Accede á normativa 2022 que regula as substitucións:

https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

▪️Consulta na imaxe as SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS:

ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS DAS COMISIÓNS DE SERVIZO CONVOCADAS O 20 DE ABRIL DO 2023

ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS COMISIÓNS DE SERVIZOS  DE  GALICIA!!!

PUBLICADA A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA COMISIÓNS DE SERVIZO CONVOCADAS POR ORDE DE 20 DE ABRIL  DE 2023

Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles.

🔴adxudicacións provisionais

230505-adxudicacion-provisional

EGAP: CURSO MONOGRÁFICO COVID-19 E DEREITO PÚBLICO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023 pola que se convoca o curso monográfico COVID-19 e dereito público: ensinanzas para o futuro.

Persoas destinatarias

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza, das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como profesionais e persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento

Lugar: salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Modalidade: presencial.

Datas: 25 e 26 de maio de 2023.

Horario: de mañá e tarde o día 25; só de mañá o día 26.

Horas lectivas: 10.

Número de prazas: Limitado pola capacidade do local.

Sigue leyendo

ELECCIÓNS MUNICIPAIS: EXERCICIO DOS DEREITOS ELECTORAIS DO PERSOAL AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ORDE do 26 de abril de 2023 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 28 de maio de 2023 polo Real decreto 207/2023, do 3 de abril, polo que se convocan eleccións locais e ás asembleas de Ceuta e Melilla.

Primeiro

1. O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que o día das eleccións non goce do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído de ata catro horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo, o día 28 de maio de 2023, coincida, polo menos en catro horas, co tempo en que permanecerán abertas as mesas electorais. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso.

2. O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que teña previsto que na data da votación non estará na localidade onde lle corresponde exercer o seu dereito ao voto, ou que non poida exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, disporá, no seu horario laboral, de ata catro horas libres para que poida formular persoalmente a solicitude de certificación acreditativa da súa inscrición no censo, que se recolle no artigo 72 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, así como para a remisión do voto por correo.

Sigue leyendo