Publicado el03/05/2023|Comentarios desactivados en INSTRUCCIÓNS ESPECÍFICAS RESPECTO A DESIGNACIÓN DO PERSOAL ENCARGADO DE REALIZAR SERVIZOS MÍNIMOS
RESOLUCIÓN DO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA POLA QUE SE ESTABLECEN INSTRUCIÓNS ESPECÍFICAS RESPECTO A DESIGNACIÓN DO PERSOAL ENCARGADO DE REALIZAR OS SERVIZOS MÍNIMOS, CONTROL E SEGUIMENTO DA FOLGA CONVOCADA PARA OS DÍAS 4, 9, 10, 11, 16 e 18 DE MAIO ENTRE AS 00:00 HORAS E AS 23:59 HORAS NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA
Instrucións específicas respecto da folga convocada entre as 00:00 h e as 23:59h dos días 4, 9, 10, 11, 16 e 18 de maio.
1º Información para o persoal que secunde a folga:
Non existe deber de comunicar, en ningún momento, a opción de secundar a folga. Con todo, e aos únicos efectos de realizar un adecuado seguimento desta, infórmase que o control realizarase a través da plataforma KRONOS. Así, o persoal que non fiche a entrada nos días da convocatoria, entenderase que salvo que teña algunha xustificación rexistrada, secunda a folga.
Para o persoal que se atope algún deses días traballando baixo a modalidade de
teletraballo, ou non dispoña de tarxeta identificativa, e non poida fichar a través da plataforma kronos, deberá comunicar esa incidencia ao seguinte correo electrónico con carácter previo aos días da convocatoria de folga: xuridico.rrll.xustiza@xunta.gal
Publicado el03/05/2023|Comentarios desactivados en CONVOCATORIA HUELGA: SERVICIOS MÍNIMOS
ORDEN de 2 de mayo de 2023 por la que se determinan los servicios mínimos dirigidos a garantizar los servicios esenciales ante la convocatoria de huelga general, los días 4, 9, 10, 11, 16 y 18 de mayo de 2023, en los centros de trabajo de la Administración de justicia de Galicia.
🔴 Audiencias provinciais
2.1. Seccións civís das audiencias provinciais
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada unha das respectivas seccións, e 1 funcionario/a de auxilio por cada 2 seccións ou fracción.
2.2. Seccións penais e mixtas das audiencias provinciais
– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio por cada unha das respectivas seccións.
2.3. Oficinas de rexistro e repartición das audiencias provinciais
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
🔴 Xulgados que actúen de garda
Terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.