No día de hoxe 29 de decembro celebrouse a primeira reunión para a elaboración da nova bolsa de interinos, nas que estivemos presentes todas as organizacións sindicais, excepto CSIF, por non ter representación na Mesa Sectorial de Xustiza.
A Dirección Xeral presentounos un borrador de negociación para o incremento do número de integrantes das novas bolsas ( proposta a que lle dimos difusión para o coñecemento de todos os posibles interesados), e que para SPJ-USO na maioría dos corpos e provincias e totalmente inxustificada por excesiva. O noso sindicato foi o ÚNICO QUE PRESENTOU POR ESCRITO UNHA PROPOSTA ANTE A DXX que inclue un pequeno aumento nos porcentaxes, pero lonxe dos grandes incrementos que pretendía incluir a Dirección Xeral.
Tamén solicitamos que se inclua unha LISTA DE BAREMADOS para o caso de que se esgoten as bolsas de traballo e de reserva e poder darlle así a oportunidade de traballar a todos os que presenten a súa solicitude e resulten baremados.
O propio Director Xeral , no transcurso da reunión admitiu que a súa proposta de incremento no numero de integrantes das bolsas podería ser excesiva con respecto á actual e aceptou tamén a nosa proposta de formación dunha lista de baremados, que irá reflectida na nova bolsa que se convoque.
En breve vannos remitir unha NOVA PROPOSTA, na que esperamos e dexexamos que se recollan as modificacións que vos estamos a contar e que vimos reivindicando dende o principio da negociación.
A previsión é que nos convoquen para unha vindeira reunión na semana do 10 de xaneiro para pechar o texto da nova bolsa, e que a convocatoria da nova bolsa de interinos se publique a última semana de xaneiro ou primeira de febreiro.