1º de Maio

nueva-imagenA Comisión Executiva Confederal de USO, e con ela a Executiva Federal da FEP-USO, fan un chamamento á participación de todos os traballadores nos actos que organizará o noso sindicato para celebrar o próximo día 1 de Maio 2009. As reivindicacións de USO céntranse no emprego, a protección social e os dereitos do traballo, nun ano especialmente marcado polas consecuencias financeiras, económicas e sociais que atravesa o noso país por efecto da crise nacional e internacional. O acto central de Madrid iníciase cunha manifestación ás 12 horas, saíndo da rúa Alcalá (Metro Príncipe de Vergara) ata a Praza de Manuel Becerra, para finalizar nos xardíns de Eva Perón. Neste mesmo parque terá lugar a concentración-mitin e a celebración festiva.

É especialmente necesario e oportuno neste 1º de Maio proclamar con forza a identidade do sindicalismo, do noso sindicalismo como USO, e facelo fronte a un modelo de crecemento económico especulativo e antisocial causante dunha crise global sen precedentes históricos, provocada pola avaricia e cobiza de executivos sen escrúpulos que envelenaron os circuítos financeiros sobre os que á súa vez anularon calquera viso de operatividade coa compracencia e falta de control por parte dos Estados e institucións internacionais, e na que se encarna e agudiza a peculiar crise do noso país, que tanto sufrimento e quebra de proxectos de vida e de traballo está a ocasionar.

Esa peculiar crise, propia e específica do noso país, provocada polo afundimento dos piares do mercado inmobiliario e o consumo interno sobre os que se sustentara o crecemento económico en España, a cal, xunto ao impacto da crise internacional sobre a nosa economía, está a ter uns dramáticos efectos económicos, laborais e sociais, con consecuencias especialmente graves sobre o emprego: enorme perda de postos de traballo, os millares de Expedientes de Regulación de Emprego xeneralizados en todo o territorio, e as alarmantes taxas de temporalidade, precariedade e sinestralidade, que á súa vez levan consigo derivadas sociais de crecente pobreza e marxinalidade social.

Los comentarios están cerrados.