📢🔊 INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O HORARIO A REALIZAR‼️

📢🔊 INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O HORARIO A REALIZAR‼️

✅ SPJ-USO solicitou á DXX continuar co horario actual de 6 horas.

Pois ben, lembrade que actualmente o horario das 6 horas é un horario “especial polo Covid”; non é o horario de verán que temos regulado na nosa normativa, polo que a vixencia deste horario de 6 horas é “ata novo aviso”, e non remata en ningún caso o 15 de setembro porque insistimos, non é un horario de verán.

Tampouco remata o 21 de setembre polo transcurso de 3 meses dende a finalización do estado de alarma, como ocorre con outras medidas acordadas, salvo resolución expresa en contrario.

✅👉 Polo que ante as malinformacións que circulan ó respecto e as múltiples consultas efectuadas, de non dictarse resolución con anterioridade, no vindeiro Comité de Seguridade e Saúde solicitado por SPJ-USO e sinalado para este xoves 17 de setembro, informarásenos sobre a data en que se pasará o horario de inverno (6 horas de fixo e 1 de flexible = 7 horas diarias), manténdose entretanto e ata novo aviso a xornada de 6 horas diarias.

✅ Premendo no seguinte enlace podes acceder ó cadro horario elaborado por SPJ-USO e  descargalo, imprimilo, etc:

CADRO HORARIO xeral

▪️ Manterémosvos puntualmente informados.

Los comentarios están cerrados.